Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 436

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública relativo a unha planta de biomasa.

Lácteos Casa Macan, S.L. solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de instalación de planta de biomasa para a xeración de vapor na queixaría Casa Macan, en Seixo-Piñeira. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Taboada, 12 de decembro de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde