Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de exposición ao público da solicitude de licenza de apertura para taller de reparación de vehículos.

Jesús Chenel Botana, que representa o Grupo Noya Sport, S.L. solicitou neste concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a taller de reparación de vehículos (mecánica e carrozaría) situado na estrada nacional 525, marxe dereita, p.q. 230,75 na Zona Comercial Barreiros deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 13 de decembro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde