Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de solicitude de licenzas municipais de obras de construción, acondicionamento, instalación e de apertura de edificio con destino a transporte de mercadorías.

Expediente nº: 13505/10.

Asunto: solicitude de licenzas municipais de obras de construción, acondicionamento, instalación e de apertura de edificio con destino a transporte de mercadorías sito na rúa de Ramón Otero Pedraio, en Pontevedra.

Solicitante: Daca y Juca, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 13505/10, tramitado por instancia da entidade Daca y Juca, S.L., CIF B-36244796, de licenzas municipais de obras de construción, acondicionamento, instalación e de apertura de edificio con destino a transporte de mercadorías sito na rúa de Ramón Otero Pedraio, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 13 de novembro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo