Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 433

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), por acordo plenario do 27.11.2012, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente (no que se inclúe o informe de sustentabilidade ambiental) a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que forma o expediente poderá ser examinada nas dependencias municipais, durante o devandito prazo, por calquera persoa interesada en coñecela e en formular as alegacións que considere pertinentes.

Quedan suspendidas, durante dous anos, as licenzas urbanísticas en todo o termo municipal, salvo nos casos que cumpran simultaneamente o planeamento vixente e o PXOM aprobado inicialmente. En calquera caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Coles, 30 de novembro de 2012

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde