Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 437

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública para a instalación dunha estación base de telefonía móvil.

Xfera Móviles, S.A., entidade representada por Erik Johan Andsjö, solicitou licenza municipal de actividade para a instalación dunha estación base de telefonía móvil na parcela 96, polígono 19, estación de ferrocarril. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 30 de novembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente