Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 438

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de delegación de competencias a favor desta deputación provincial en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do día 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Pol. Foi tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do día 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286, do día 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases.

O Concello de Pol amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria ordinaria do día 7 de setembro de 2012, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto núm. 2811 de data 10 de outubro de 2012), segundo o teor literal seguinte:

«Ampliar e incorporar o acordo de delegación de competencias a favor da Deputación Provincial de Lugo en materia de xestión, inspección e recadación de data 11 de febreiro de 2008, as competencias atribuídas ao Concello en materia de xestión recadatoria, tanto en período voluntario como en período executivo, en relación coa taxa pola prestación do servizo de recollida de RSU».

Lugo, 29 de novembro de 2012

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15 de xullo)

Mª del Pilar García Porto José Antonio Mourelle Cillero

Deputada delegada de Economía, Secretario da Deputación

Recadación e Facenda Provincial de Lugo