Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social 47/12.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, a quen non puido facerse por correo certificado, o trámite de audiencia no expediente de sanción, por infraccións na orde social (materia seguridade e saúde). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse seguidamente:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disp. infrinxida

Logar Prado, S.L.

Rolda da Muralla, 138, 1º (Lugo)

B27317437

47/12

1.252 €

Artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995

A documentación que figura no expediente é a seguinte:

– Acta de infracción nº I2720120000021003.

– Publicación no BOP da acta de infracción.

– Trámite de audiencia.

Lugo, 30 de novembro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo