De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.
Nº de expediente: PESAN1 2011/001163-5.
Denunciado: Maximiliano Julián Cavani.
NIF: X1170916D.
Enderezo: camiño da Rega, 14, Sabarís, Baiona (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2.
Sanción: 2.000 euros.
Resolución: inadmitido, confirmando a resolución contra a cal se recorreu.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe de devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita xefatura de coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpre os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
Vigo, 18 de decembro de 2012
Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra