Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas na Laracha: reforma do CT A Cheda e nova saída da liña I (expediente 249/2011) e novo CT Amieiro (expediente 15/2012).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da reforma do CT A Cheda e nova saída da liña I, cunha lonxitude de 48 m e novo CT Amieiro cunha lonxitude de 32 m, no termo municipal da Laracha, (expedientes nº 249/2011 e 15/2012), por resolucións desta xefatura territorial de datas 4 de outubro de 2012 e 2 de outubro de 2012, respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 19, 1º drta., 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 23 de xaneiro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 29.9.2011, 12.9.2011 e 13.9.2011, (expediente 249/2011), e datas 23.2.2012, 9.2.2012 e 3.2.2012, (expediente 15/2012), respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña