Tentada por dúas veces a notificación no último domicilio coñecido, e após de ser devolvida polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícase a Nieblagen, S.L. que están a ser tramitados os recursos contencioso-administrativo dos procedementos ordinarios números 7503/2011, 7424/2011, 7509/2011, 7526/2011, 7502/2011, 7516/2011, 7525/2011, 7504/2011, 7532/2011, 7611/2011, 7564/2011, 7553/2011 e 7604/2011, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interpostos por Vento Ártabro, S.A., Áridos H. Carballido, S.L., Proyectos Eólicos de Galicia, S.L., Financiera Maderera, S.A., Eólica da Cadeira, S.A., Ventos de Beitureira, S.L., EDP Renewables Europe, S.L., Vientos de Lemos, S.L. Capital Energy, S.A., Galicia Vento II, S.L., Sometal Renovables, S.L., E.On Pastor Renovables, S.L. e Cortizo Eólicas, S.L., respectivamente, contra resolucións desta consellería en que se desestiman os recursos de alzada deducidos contra outra do 20 de decembro de 2010 que aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010, para a asignación de 2.324 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de 9 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria