Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO de aclaración (449/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 449/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego contra a empresa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto de aclaración.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012.

Acordo que, en virtude das aclaracións explicadas, a decisión da sentenza será do seguinte teor:

«Que, aceptando parcialmente a demanda formulada por José Manuel Bahamonde Rego contra as empresas Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Marcolfer, S.A. e Graña Mar, S.L., debo declarar e declaro como indefinido o contrato que une o demandante coas empresas codemandadas, declaro así mesmo a improcedencia do seu despedimento e condeno solidariamente as citadas mercantís a que readmitan ao demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou, á súa elección, a que se lle aboe a indemnización de 27.836,96 euros de salario, elección que deberá exercer no prazo de cinco días a partir da notificación da sentenza e, en caso de non o facer, entenderase que opta pola readmisión; debendo, ademais, e en todo caso, aboarlle os salarios de tramitación na cantidade de 6.468,11 euros, calculada ata a data desta sentenza, e o haber diario de 39,66 euros desde a data do despedimento (20.4.2012) ata a notificación desta sentenza.

Absólvese a entidade codemandada Ader Recursos Humanos Empresa de Trabajo Temporal dos pedimentos contra ela deducidos.

Declárase a responsabilidade do Fogasa dentro dos límites do artigo 33 do ET.

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira. En todo caso, deberá manter a alta do traballador na Seguridade Social durante o período de remuneración dos salarios de tramitación.

Contra este auto non cabe recurso ningún sen prexuízo dos recursos que procedan de ser o caso contra a sentenza a que se refire a aclaración. Os prazos para estes recursos, se fosen procedentes, comezarán a computar desde o día seguinte ao da notificación deste auto (art. 215 Lei rituaria).

Así, por esta miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás entidades codemandadas Marcolfer, S.A. e Graña Mar, S.L., por acharse en paradoiro ignorado, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

A secretaria xudicial