Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Mediante acordo adoptado polo Concello Pleno en sesión ordinaria realizada do 30 de novembro de 2012, procedeuse á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para adecuar parte da normativa lexislación vixente, de acordo co documento de inicio redactado por Oficina de Arquitectura, Urbanismo & Planificación.

De conformidade co disposto na vixente redacción dos artigos 93.4 en relación co 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanísica e protección do medio rural de Galicia, o referido acordo xunto coa modificación aprobada inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente administrativo tramitado, sométese ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, xornais La Voz de Galicia e El Progreso, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e, de ser o caso, presenten as alegacións que consideren.

Sarria, 17 de decembro de 2012

P.D.
Francisco José Pérez González
Primeiro tenente de alcalde