Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública en relación coa solicitude de licenza para implantación de actividade de centro de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil.

José Pardo Lombao, alcalde presidente do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expón:

Horacio Vila Castro, en representación da empresa Desguaces Hermanos Vila, S.R.L.L., solicita licenza para a implantación da actividade de centro de descontaminación de vehículos ao final da súa vida útil, que se situará na parcela 3.3.1, no parque empresarial de Outeiro de Rei, dentro do polígono 3 do sector A Areeira.

De conformidade co previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula o procedemento de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que quen o desexe poida examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 3 de decembro de 2012

José Pardo Lombao
Alcalde