Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 91

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (689/2010).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 689/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Gómez Grandal contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., con intervención do Fogasa, ditouse a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

Asunto 689/2010.

Na cidade da Coruña o 4 de decembro de dous mil doce.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Roberto Gómez Grandal, que comparece representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

«Sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Roberto Gómez Grandal contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de oito mil catrocentos oitenta e dous euros e vinte e nove céntimos (8.482,29 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 11 de decembro de 2012

A secretaria xudicial