Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 11

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 17 de outubro de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 17 de outubro de 2012 (DOG núm. 205, do 26 de outubro) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 2 das bases da orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos das axudas correspondentes ao Programa de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, e no artigo 2 do anexo II da Orde do 17 de outubro concrétanse os requisitos para a modalidade B.

De acordo co establecido no artigo 6 desta convocatoria, despois de estudadas as solicitudes publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as persoas interesadas tiveron un prazo de dez días para formularen reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades.

As solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión de selección definida no artigo 7 da propia orde de convocatoria segundo os criterios establecidos no artigo 5 do anexo II, referente á modalidade B.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola citada comisión de selección, na súa reunión do 20 de decembro de 2012, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral para o ano 2012 ás universidades do SUG que contraten os/as solicitantes dunha praza do Programa de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. As 17 axudas posdoutorais (modalidade B) concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 10 das bases da convocatoria no punto referido á modalidade B, no relativo ao libramento da subvención.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº prazas

2012

2013

2014

Total

15.40.561B.444.4

UDC

2

2.000,00

62.700,00

5.700,00

70.400,00

15.40.561B.444.4

USC

9

9.000,00

282.150,00

25.650,00

316.800,00

15.40.561B.444.4

UVigo

6

6.000,00

188.000,00

17.100,00

211.200,00

Totais

17

17.000,00

532.950,00

48.450,00

598.400,00

Cuarto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Quinto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Solicitudes concedidas

Universidade da Coruña.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

POS-B/2012/012

García

Moreno

Rosario

*****987A

POS-B/2012/013

Lodeiro

Fernández

Pablo Manuel

*****681E

Universidade de Santiago de Compostela.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

POS-B/2012/001

Adrio

Castiñeira

Luis Ángel

*****225N

POS-B/2012/003

Domínguez

Medina

Eduardo

*****397S

POS-B/2012/004

Gómez

Couso

Hipólito

*****354Q

POS-B/2012/005

Martínez

Sánchez

Susana

*****744N

POS-B/2012/006

Míguez

Macho

Antonio

*****885J

POS-B/2012/007

Otero

Casas

José Manuel

*****091N

POS-B/2012/009

Rubinos

González

David Antonio

*****239S

POS-B/2012/010

Sánchez

Prado

Lucía

*****903R

POS-B/2012/011

Romero

Pita

M. Carmen

*****162M

Universidade de Vigo.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

POS-B/2012/014

Álvarez

Rodríguez

Susana

*****787V

POS-B/2012/015

Cervantes

Cianca

Rosa Carmina

*****7340M

POS-B/2012/016

Domínguez

Represas

Alberto

*****375R

POS-B/2012/017

Fuentes

Cid

Sara

*****218V

POS-B/2012/018

Lago

Blanco

Ana Belén

*****247Y

POS-B/2012/019

Rodríguez

Ramilo

Silvia Teresa

*****258Q