Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO relativo á aprobación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Coristanco.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Coristanco, polo Pleno deste Concello, en sesión do día 28 de novembro de 2012, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do seguinte a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a formulación de alegacións e reclamacións. Queda de manifesto o expediente no Concello de Coristanco, no edificio administrativo municipal, en horario de atención ao público.

Queda suspendido polo prazo de dous anos o outorgamento de licenzas urbanísticas de parcelación de terreos, reformas, ampliacións e obras de nova edificación, coa excepción dos seguintes ámbitos:

– Solo rústico: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que cumpran simultaneamente coas condicións da disposición transitoria primeira da LOUG, do PXOM en vigor e do PXOM que se aproba inicialmente.

– Solo de núcleo rural: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que cumpran simultaneamente coas condicións da disposición transitoria primeira da LOUG, do PXOM en vigor e do PXOM que se aproba inicialmente. Mesmo as aliñacións deberán coincidir en ambos os dous documentos.

– Solo urbano: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que, contando con normas zonais similares, cumpran simultaneamente co PXOM en vigor, co PXOM que se aproba inicialmente e coa LOUG.

– Ámbitos de planeamento subsistentes: poderanse outorgar licenzas nos seguintes ámbitos de planeamento subsistente:

• APU-M1.

• APU-R7.

– Elementos catalogados: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que se autoricen simultaneamente polo PXOM vixente e polo aprobado inicialmente, segundo o nivel de catalogación que corresponda.

Para máis información, poderanse dirixir ao Concello de Coristanco, nas datas e horas sinaladas ou acceder á páxina web municipal: www.concellocoristanco.es

Coristanco, 3 de decembro de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde