Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49515

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a definición das aliñacións da parcela do Baño de Arriba, 43, promovido por Dolores Casal Grela.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 30 de novembro de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle para a definición das aliñacións da parcela do Baño de Arriba 43, promovido por Dolores Casal Grela; redactado por Entasis Arquitectos, S.L.P., con data do 30 de novembro de 2011.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitiráselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Mugardos, 10 de decembro de 2012

Xosé Fernández Barcia
Alcalde