Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48153

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (942/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 942/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Gegunde Álvarez, Rosario Rodríguez Magadán e Chirleis Sousa da Rocha contra Fonte Sacra, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda formulada por María Isabel Gegunde Álvarez, Rosario Rodríguez Magadán e Chirleis Sousa da Rocha contra a empresa Fonte Sacra, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que lles aboe ás demandantes as seguintes cantidades: a María Isabel Gegunde Álvarez, 6.647,67 euros, mais os xuros por mora. A Rosario Rodríguez Magadán, 6.335,72 euros mais os xuros por mora, e a Chirleis Sousa da Rocha, 6.226,53 euros mais os xuros por mora.

Procede a absolución do Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Fonte Sacra, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 7 de decembro de 2012

O secretario xudicial