Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (922/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 922/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Tubería y Soldadura Galicia, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra la demandada Tubería y Soldadura Galicia, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.378,96 euros en concepto de achegas non pagadas no período de xaneiro de 2007 a decembro de 2009, cantidade que se incrementará co xuro de mora do 20 %».

E para que sirva de notificación en forma a Tubería y Soldadura Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 5 de decembro de 2010

O secretario xudicial