Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo I.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poderen examinar o expediente, no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos. Poderán recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13-d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decidan non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, e para estes efectos determinarase o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 5 de decembro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Café-Bar A Cova Meiga

76410222-J

LU-E 144/12

26-e)

LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

ASJ y NFL Hostelería, S.L.U.

B-27421072

LU-E 152/12

26-e)

LO 1/1992

Estrada da Costa, nº 26, Benquerencia (Barreiros)

Ata 300 €

José Marcos García Fernández

33857779

LU-E 158/12

26-e)

LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 90 €

Teatro, C.B.

E-27292382

LU-E 160/12

26-e)

LO 1/1992

R/ Castelao, nº 2, Lugo

Ata 90 €

José Antonio Ramil Iglesias

76568022-X

LU-E 162/12

26-e)

LO 1/1992

Avda. Américas, nº 19-21, 3º E, Lugo

Ata 90 €

Héctor Manuel Pin Lage

33317267-L

LU-E 165/12

26-e)

LO 1/1992

Calzada da Ponte, nº 82, Lugo

Ata 90 €