Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifican os actos de resolución do procedemento de cancelación de inscricións no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede a notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

Acordo de resolución previsto no artigo 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. Poderase interpoñer recurso de alzada polo prazo dun mes.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, rúa dos Feáns, 5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/17-0 ONGD Nº 17.

Destinatario da notificación: Asociación Medicus Mundi.

CIF/NIF nº: G15456486.

Último enderezo coñecido: rúa de San Pedro de Mezonzo 41, baixo, 15701 Santiago de Compostela.

Data dos actos de resolución: 23 de novembro de 2012.

Sentido da resolución: resolución cancelación.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2006/26-0 ONGD Nº 142.

Destinatario da notificación: Asociación para a Solidariedade e Promoción Social Creando Pontes.

CIF/NIF nº: B32295115.

Último enderezo coñecido: rúa de Curros Enríquez 34, entresollado, 32003 Ourense.

Data dos actos de resolución: 14 de novembro de 2012.

Sentido da resolución: resolución cancelación.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2007/20-0 ONGD Nº 154.

Destinatario da notificación: Asociación Sociocultural Ataman.

CIF/NIF nº: G38313896.

Último enderezo coñecido: rúa Urgal 41-43, 36307 Belesar, Baiona, Pontevedra.

Data dos actos de resolución: 14 de novembro de 2012.

Sentido da resolución: resolución cancelación.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2009/21-0 OAC Nº 07.

Destinatario da notificación: Asociación Coordinadora de Lesbianas, Gays, Bisexuales y Transexuales de Galicia. Colega Galicia.

CIF/NIF nº: G70227186.

Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas 10-16, local 10, 15701 Santiago de Compostela.

Data dos actos de resolución: 23 de novembro de 2012.

Sentido da resolución: resolución cancelación.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2010/19-0 OAC Nº 09.

Destinatario da notificación: Asociación centro de estudos sobre desenvolvemento endóxeno comunitario.

CIF/NIF nº: G70249099.

Último enderezo coñecido: rúa de San Pedro 23, 2º, 15703 Santiago de Compostela.

Data dos actos de resolución: 23 de novembro de 2012.

Sentido da resolución: resolución cancelación.