Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 682/2012, do 20 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 20 de novembro de 2012, pronunciou a sentenza número 682/2012, ditada no procedemento ordinario 4357/2009, interposto por María Teresa López Vilaseco, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Ignacio Espasandín Otero, en nome e representación de María Teresa López Vilaseco, en relación coa Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 11 de marzo de 2009, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oleiros (A Coruña), declaramos que a clasificación como solo urbano non consolidado de parte do predio descrito no feito primeiro da demanda non é conforme dereito e anulamolo, e declaramos a obriga da Administración de clasificar o dito terreo como solo urbano consolidado; sen imposición das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fáiselles saber que é susceptible de recurso de casación, que se preparará ante esta sala no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo