Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para ampliación de corte de vacún de leite e fosa de zurro.

José Llanes Rodríguez, SAT A Tolda solicitou desta alcaldía licenza municipal para la ampliación de corte de vacún de leite e foso de zurro que se situará en Paraxes (Fonmiñá). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que, durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 18 de decembro de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde