Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de taller mecánico.

Expediente: 176-2012.

Data: 30.10.2012.

Solicitante: Óscar Díaz Sampedro.

Obxecto: licenza de taller mecánico.

Lugar: Gustei.

De acordo coa solicitude da persoa antes sinalada, de licenza municipal para a apertura da actividade tamén indicada, sométese o expediente a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de la provincia, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Coles, 29 de novembro de 2012

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde