Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO de aprobación do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados pola ampliación do polígono industrial da Tomada.

Acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 8 de novembro do 2012, relativo á aprobación do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola ampliación do polígono industrial da Tomada.

Dada conta e examinado o expediente tramitado relativo ao proxecto de expropiación de bens e dereitos necesarios para a ampliación do polígono industrial A Tomada SURD I.1, delimitado no PXOM, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos cinco membros de dereito que a integran, acordou na sesión celebrada o 8 de novembro do 2012:

Primeiro. Estimar o informe de alegacións presentado polo equipo redactor do proxecto de expropiación, de acordo cos informes técnicos e xurídicos.

Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, de bens e dereitos necesarios para a ampliación do polígono industrial de A Tomada SURD I-1, para os efectos previstos polos artigos 143 e 144 da LOUG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen no informe que sobre elas consta no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 144.1 da LOUG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos polos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que, se é o caso, continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 144.2 da LOUG).

Terceiro. Notificar o contido desta resolución aprobatoria do expediente, individualizadamente, a todos os interesados titulares de bens e dereitos que figuran neste, aos cales se lles xuntará a correspondente folla de valoración e se lles conferirá un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante este concello a súa desconormidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 143.7 da LOUG; advírteselles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e que se contén na folla de valoración que lles foi trasladada, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8 da LOUG).

Igualmente, notifíquese o contido desta resolución ao fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e cos non comparecentes no procedemento expropiatorio, e ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Delegación Especial de Economía e Facenda da Coruña para os efectos contidos na Lei de patrimonio das administracións públicas e normas de desenvolvemento.

Cuarto. Proceder ao pagamento do prezo xusto aos propietarios que desexen percibir a cantidade en que foron valorados os seus bens e dereitos no presente expediente expropiatorio.

O dito pagamento farase efectivo no Concello, na data e hora que se notificará a favor dos titulares de bens e dereitos que resultan con tal condición do documento aprobado definitivamente. Para tal efecto, de conformidade co disposto no artigo 30.3 do Real decreto lexislativo 2/2008, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, só se procederá a facelo efectivo, e en caso contrario consignaranse aqueles interesados que presenten certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se estenden a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, os títulos xustificativos do seu dereito, completado con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referidas ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas deben comparecer os seus titulares. Os interesados deberán acudir a dito acto co documento nacional de identidade.

Quinto. Advertirlle á beneficiaria que deberá proceder á consignación, na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda, do importe do prezo xusto correspondente aos bens e dereitos que non se puidesen aboar persoalmente aos seus titulares.

Sexto. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do Concello servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o alcalde deste concello no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo ou da publicación para os propietarios descoñecidos ou aqueles que intentada a notificación, non se puido realizar, segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza desestimación presunta, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición, poderalle dirixir ao órgano competente, no prazo de dous meses, o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, en caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen do prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A Pobra do Caramiñal, 4 de decembro de 2012

Isaac Maceiras Rivas
Alcalde

ANEXO
Relación de bens e dereitos

Pol.

Parc.

Titular

Enderezo

Localidade

Provincia

Superficie que se ocupará definitivamente (m2)

Bens que se expropiarán

Prezo xusto incluíndo 5 % premio afección

1

16

21

Ramón Gasset Neira

As Xunqueiras

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

6.897 m2

6.897 m2

82 ecucaliptos

51.248,23

2

16

24

Mercedes Puente Fernández

Rafael Calleja nº 13-1º

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

4.073 m2

4.073 m2

25 eucaliptos

29.526,59

3

16

25

Juan Guillán Fernández

Areos nº 10

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

3.348 m2

3.348 m2

35 eucaliptos

24.725,99

4

16

71

Pilar Mariño Rial

A Figueira nº 6

A Pobra do Csramiñal

A Coruña

97 m2

97 m2

6 eucaliptos

584,14

5

16

499

Pilar Mariño Rial

A Figueira nº 6

A Pobra do Csramiñal

A Coruña

56 m2

56 m2

11 eucaliptos

1.030,93

6

16

70

Catalina Rial Mariño

A Ponte nº 46

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

90 m2

90 m2

10 eucaliptos

950,04

7

16

501

Pilar Mariño Rial

A Figueira nº 6

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

48 m2

48 m2

5 eucaliptos

496,19

8

16

500

Alvaro Mariño Mariño

Unión nº 24-3º

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

19 m2

19 m2

2 acacia moura

171,86

9

16

69

Pilar Mariño Rial

A Figueira nº 6

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

16 m2

16 m2

69 carballos

52,67

10

16

43

María Teresa Guillán Fernández

Domínguez Fontán nº 6-2º

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

259 m2

259 m2

29 eucaliptos

2.741

11

16

533

Luis Escurís Batalla, S.L.

A Tomada, parcela 37

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

10.565 m2

10.565 m2

1.433 nave industrial

1.261.028,23

12

16

535

Descoñecido

1.346 m2

1.346 m2

100 eucaliptos

12.647,38

13

16

32

Juan Pérez Muñiz

Devesa nº 48

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

202 m2

202 m2

22 eucaliptos

2.118,31

14

15

73

Purificación Mariño Sampedro

Cercias nº 25

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

340 m2

340 m2

37 eucaliptos

3.564,54