Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para reaxustes de aliñacións e volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente por Resolución da Alcaldía de data do 18 de decembro de 2012, o estudo de detalle redactado polo técnico municipal para reaxustes de aliñacións e volumes no ámbito coincidente coa única unidade de planeamento incorporado (UPI) do PXOM, sita entre as rúas Sagasta, Rosalía de Castro, Castelao e rúas de nova apertura deste termo municipal, exponse ao público o expediente durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de exame e reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa súa aprobación definitiva.

Pontecesures, 19 de decembro de 2012

Manuel Luís Álvarez Angueira
Alcalde