Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da subvención e declarar a perda do dereito ao seu cobramento relativa ao expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo 15/11/010.

Por non ser posible realizalo mediante o servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle mediante este anuncio á interesada que se sinala no anexo o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento relativo ao expediente de reestruturación e reconversión de viñedo núm. 15-11-010.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Explotacións Agrarias, situada no edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do dito acordo de inicio e a súa constancia.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida presentar alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión e declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida no expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo núm. 15-11-010.

Interesada: Adega entre os Ríos, S.L.

Último domicilio coñecido: Entrerríos-Posmarcos, 15940 A Pobra do Caramiñal, A Coruña.

Acto de notificación: acordo de inicio.