Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de novembro de 2012, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Gaesco Santiago, S.L. para a construción de dous edificios de departamentos para usuarios no porto de Cabo de Cruz (expediente 12-52-12-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa, solicitada por Gaesco Santiago, S.L., para a construción de dous edificios de departamentos para usuarios no porto de Cabo de Cruz, segundo o proxecto básico de título Proxecto básico de dúas edificacións de departamentos portuarios de uso nave-almacén e servizos complementarios, asinado polos arquitectos, Manuel Carbajo Capeáns (colexiado nº 2391) e Celso Barrios Ceide, (colexiado nº 3307).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE nº 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 26 de novembro de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia