Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se fai pública a autorización para a apertura dunha convocatoria pública de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas nas instalacións náutico-deportivas no porto da Pobra do Caramiñal.

Vista a proposta emitida con data 18.12.2012 pola xefa da Área de Explotación e Planificación, coa conformidade da dirección deste ente público, de apertura dun proceso de convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas nas instalacións náutico-deportivas no porto da Pobra do Caramiñal, esta presidencia, baseándose no disposto nos artigos 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento do dito ente, e en virtude das atribucións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar, conferidas pola Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVO:

Autorizar a apertura dunha nova convocatoria pública de solicitudes de autorizacións de atracada nas instalacións para embarcacións deportivas no porto da Pobra do Caramiñal. O período de presentacións de solicitudes comezará a partir das 9.00 horas do quinto (5) día hábil seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, por un prazo indeterminado e ata que Portos de Galicia decida pechalo por razóns de interese portuario.

Aprobar o prego de bases que rexerá esta convocatoria e os pregos de condicións das autorizacións que se asignen. Estes pregos estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com

As autorizacións de atracada outorgaranse a aquelas solicitudes que cumpran coas prescricións establecidas no prego de bases da convocatoria, considerando a prioridade temporal na presentación. Para os efectos que quedan sinalados, nas solicitudes figurará a data e hora da súa presentación. Se por calquera causa o organismo correspondente non acredita a hora na solicitude, computarase como hora de entrada no rexistro as 14.00 horas.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito, na sede central de Portos de Galicia, as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia