Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión dos viveiros Machus II e Machus VI.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión dos viveiros Machus II e Mahcus VI e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 5 de setembro de 2012, Antonio Iglesias Cadabón (53115496-D), no nome de Antonio Iglesias Vidal (78731240-D), solicitou autorización para transmisión das concesións dos viveiros Machus II e Machus VI.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, de pesca de Galicia, e a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Antonio Iglesias Cadabón (53115496-D) das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Machus II.

Situación:

Cuadrícula nº: 66.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.12.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Antonio Iglesias Vidal (78731240-D).

Novo titular: Antonio Iglesias Cadabón (53115496-D).

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Machus VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 35.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento:

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Antonio Iglesias Vidal (78731240-D).

Novo titular: Antonio Iglesias Cadabón (53115496-D).

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de novembro de 2012

Por delegación de sinatura (Resolución 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo