Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Nova Works Consulting, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Nova Works Consulting, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral con data do 5 de xuño de 2012, no Rexistro Central de Cooperativas. O seu novo domicilio social é: rúa Praia de Quenxe, número 7A, portal 3, 1º B, concello de Corcubión, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social