Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica de recuamento LMT Ponte Ambía de Arriba, no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2012/29-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT Ponte Ambía de Arriba.

Situación: Baños de Molgas.

Descricións técnicas:

Recuamento LMT p.q. 600+860, aérea a 20 kV de 110 m con condutor LA-110 e con orixe na LMT ao CT Acea 32AZ34 e remate na LMT ao CT Ponte Ambía 32AN25.

Recuamento LMT p.q. 606+170, subterránea a 20 kV de 1.210 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT ao CT Tosende (32A443) e remate na mesma LMT.

Recuamento LMT p.q. 607+600 A 20 kV de 680 m, subterránea con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT Pereiras I 32A480 e Pereiras II 32ADK4, e remate na mesma liña.

Orzamento: 192.946,36 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 3 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense