Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 161/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS rúa Luis Braille.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,31 km, coa orixe na LMTS CBL 702 entre o CT Cemiterio Vello, nº 11 (expediente 355/08) e o CT Campo Feira Milagrosa (expediente 198/1995), unha vez entre e saia do CS para instalar polo cliente e ceder a compañía distribuidora, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, (3 x1×240) mm² Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución. Unha vez executada a instalación eléctrica, deberán achegar xunto coa solicitude de posta en servizo a autorización de cambio de titularidade do CS de cliente a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña