Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 47987

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 258/2012, do 13 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade de restos illados da antiga estrada AC-447 e da estrada AC-437 (AC-546 - límite concello) a prol do Concello de Negreira.

Segundo o teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 54 que as estradas autonómicas ou provinciais ou treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da Administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

O Concello de Negreira en agosto de 2012 solicita a transmisión ao seu favor dos restos de tramos illados das seguintes estradas:

1. Da estrada AC-447, o primeiro treito illado, que conecta co p.q. 8+550 no seu inicio e co p.q. 8+920 no seu final, e o segundo treito, que conecta co p.q. 9+520 no seu inicio e co p.q. 9+580 no seu final.

2. Na estrada AC-437 (AC-546 - límite concello) desde o p.q. 0+000 ata o p.q. 1+510.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da estrada AC-447 o primeiro treito illado, que conecta co p.q. 8+550 no seu inicio e co p.q. 8+920 no seu final, e o segundo treito, que conecta co p.q. 9+520 no seu inicio e co p.q. 9+580 no seu final, así como do treito na estrada AC-437 (AC-546 - límite concello) desde o p.q. 0+000 ata o p.q. 1+510, en prol do Concello de Negreira.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade en prol do Concello de Negreira da estrada AC-447, o primeiro treito illado, que conecta co p.q. 8+550 no seu inicio e co p.q. 8+920 no seu final, e o segundo treito, que conecta co p.q. 9+520 no seu inicio e co p.q. 9+580 no seu final, así como do treito na estrada AC-437 (AC-546 - límite concello) desde o p.q. 0+000 ata o p.q. 1+510.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o Concello de Negreira deberá incorporar ao seu plan de estradas as vías a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega das vías formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderán ao Concello de Negreira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas