Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47953

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local e actividade de clínica sanitaria (expediente 12/0525 U).

Centro Médico Val Miñor, S.L. solicitou licenza de acondicionamento de local e licenza de actividade de clínica sanitaria que situará na Rúa dos Pazos, nº 1, barrio das Angustias, Nigrán (expediente 12/0525 U).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado logo de transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 26 de outubro de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde