Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal das Quintás de Rañestres.

Con data do 28 de novembro de 2012, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na localidade das Quintás de Rañestres, expediente que se atopa nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de protección urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Rañestres.

Maside, 3 de decembro de 2012

Celso Fernández López
Alcalde