Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47954

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial para marmoraría no parque empresarial de Sigüeiro.

Benigno Suárez Carnota y Otros, S.C., solicitou neste concello unha licenza de obra e actividade dunha nave industrial para marmoraría, na parcela 45 do parque empresarial de Sigüeiro, tramítase o expediente de licenza da dita actividade.

En cumprimento do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo prazo de vinte días desde a inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselles aos interesados, aos cales non sexa posible notificar persoalmente, que están notificados para todos os efectos e signifícaselles que teñen un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para alegaren o que consideren oportuno.

O expediente obxecto en esta información está depositado nas dependencias deste concello (UR-028/2011) e pódese consultar durante o horario de oficina.

Oroso, 21 de novembro de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente