Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación do contrato do servizo corporativo de telecomunicacións deste concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra; r/ Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: a) Creación dunha rede de telecomunicacións. b) Duración: catro (4) anos prorrogables por dous (2) máis. c) Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 807.892,80 € (667.680,00+140.212,80).

5. Clasificación empresarial: cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Garantías: provisional: ambos os lotes: 5.007,6 €; lote 1: 3.420 € e lote 2: 1.587,6 €; definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e na páxina
web www.pontevedra.eu

8. Presentación de ofertas: cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

9. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

10. Data do envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de novembro de 2012.

Pontevedra, 28 de novembro de 2012

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno