Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47886

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se acorda actualizar as tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano.

Os servizos de transporte público discrecional de viaxeiros por estrada, prestados con vehículos de menos de dez prazas, incluída a do condutor, e realizados ao abeiro de autorizacións de transporte documentadas en tarxetas da clase VT, atópanse sometidos ao réxime tarifario que se regula nos artigos 18 e 19 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e 28 e 29 do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.

Esta normativa foi desenvolta, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, pola Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 23 de xuño de 2010 (DOG número 123, do 30 de xuño).

Consonte o establecido na disposición adicional da Orde do 23 de xuño de 2010, pola que se regulan as tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano, habilítase a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para actualizar mediante resolución o réxime tarifario alí previsto, co límite do incremento anual do IPC.

Desde a aprobación da última revisión destas tarifas, o incremento anual do IPC xeral situouse por riba do 2,9 %. Non obstante, no ámbito da actividade profesional do taxi, atendendo á xustificación achegada á Administración por parte da organización representativa deste sector no Comité Galego de Transportes por Estrada, o incremento medio de gasto que lle resultaría aplicable de modo específico acada o 1,66 %, sendo este o incremento que se recolle a través da presente resolución ao consideralo como o preciso para o mantemento da esencial rendibilidade económica desta actividade profesional.

O incremento de custos de explotación desde a entrada en vigor das tarifas que actualmente son de aplicación aconsella, por tanto, a súa actualización.

Por outra parte, como resultado da entrada en vigor da modificación do tipo impositivo do imposto sobre o valor engadido, introducida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e o fomento da competitividade, procédese igualmente a publicar as tarifas/usuario finais co tipo impositivo vixente na actualidade.

Consonte o exposto, sendo esta dirección xeral competente para resolver conforme o establecido na citada Orde do 23 de xuño de 2010,

RESOLVO:

1. Actualízanse os importes establecidos nos artigos 2 e 3 da Orde do 23 de xuño de 2010, acordando a aprobación das seguintes tarifas revisadas:

a. Importes establecidos no artigo 2. Tarifas.

i. Os servizos previstos no artigo anterior prestaranse con suxeición ás seguintes tarifas máximas, impostos incluídos:

Tarifa anterior

(sen IVE)

Tarifa/usuario anterior

Tarifa (sen IVE)

Tarifa/usuario

Prezo por km percorrido

0,972222 €

1,05 €

0,988361 €

1,09 €

Prezo por hora de espera

12,851852 €

13,88 €

13,065193 €

14,37 €

Mínimo de percepción

2,916667 €

3,15 €

2,965083 €

3,26 €

Tempo de espera

(15 minutos)

3,212963 €

3,47 €

3,266298 €

3,60 €

Suplemento para domingo, festivo ou nocturno (entre as 22.00 e as 6.00 horas en días laborables e entre as 00.00 e as 24.00 horas en domingos e festivos): 20 %.

ii. Os tempos de espera motivados polo abandono temporal do coche polo usuario facturaranse a razón de 3,60 euros por fracción de 15 minutos. Durante o transcurso da primeira hora de espera, o usuario terá dereito a dispoñer gratuitamente dun tempo de espera de 15 minutos.

b. Importes establecidos no artigo 3. Taxímetro.

i. Os vehículos provistos de taxímetro deberán, sen prexuízo da aplicación da tarifa urbana aprobada no seu caso, determinar, en todo caso, o prezo do servizo mediante o taxímetro, que se axustará aos pasos por tempo ou por quilómetro nas contías das seguintes tarifas/usuario:

Tarifa anterior

(sen IVE)

Tarifa/usuario anterior

Tarifa (sen IVE)

Tarifa/usuario

Valor do paso

0,05 €

0,05 €

0,05 €

0,05 €

Metros por salto

51,429600

47,62

50,589809

45,99

Segundos por salto

14,007600

12,97

13,778871

12,53

Metros 1º salto

3.000

3.000

3.000

3.000

Tempo 1º salto

13 min. 37 s

13 min. 37 s

13 min. 37 s

13 min. 37 s

Suplemento para domingo, festivo ou nocturno (entre as 22.00 e as 6.00 horas en días laborables e entre as 00.00 e as 24.00 horas en domingos e festivos): 20 %.

ii. A percepción mínima prevista no artigo 2 subsumirá os saltos correspondentes de distancia e tempo, de forma que só a partir da distancia ou do tempo correspondente ao primeiro salto comezarán a computar os pasos sucesivos.

2. A tarifa/usuario indicada nas epígrafes anteriores enténdese co imposto sobre o valor engadido incluído.

3. Os importes actualizados establecidos na presente resolución serán de aplicación obrigatoria, logo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, desde o día 1 de xaneiro de 2013, para a totalidade de servizos de transporte con tarifas reguladas pola citada Orde do 23 de xuño de 2010.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade