Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47889

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se declaran definitivas as relacións provisorias de aptos e non aptos.

O 29 de novembro de 2012 publicáronse as relacións provisorias de aptos e non aptos correspondentes ás probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 18 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 16 de xullo), e unha vez transcorrido o prazo de presentación de reclamacións, o tribunal designado para cualificar as ditas probas

ACORDA:

Primeiro. Declarar definitivas as relacións provisorias de aptos e non aptos.

Segundo. Expoñer as ditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución da convocatoria.

Terceiro. Remitirlle á Dirección Xeral de Mobilidade a relación definitiva de aprobados; todo isto coa finalidade de que, tras o aboamento das taxas legalmente establecidas, se proceda á expedición dos correspondentes certificados de conselleiros de seguridade.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Transcorridos tres meses desde a presentación do referido recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase rexeitado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

Xosé Lluís Fernández Suárez
Presidente do tribunal