Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións de SGL Carbón, S.A.

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o 3 de decembro de 2012, acordou:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións de SGL Carbón, S.A. no polígono da Grela-Bens, da Coruña.

Segundo. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co fin de procurar a entrada en vigor do documento.

Terceiro. Ordenar a dilixencia, co selo de aprobación definitiva polo Pleno municipal, dos exemplares do documento de Plan especial de infraestruturas e dotacións de SGL Carbón, S.A. no polígono da Grela-Bens da Coruña».

Este acordo pon fin á vía administrativa e poderase interpor contra el recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o día 17 de decembro de 2012.

Os gastos desta publicación serán por conta de SGL Carbón, S.A.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo