Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para obras destinadas a servizos de telecomunicacións.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. solicita a esta alcaldía licenza municipal de obra para levar a cabo as accións consistentes na instalación de torre metálica de celosía e caseta destinadas a servizos de telecomunicacións e de actividade de establecemento e explotación dunha rede pública de telecomunicación en MVMC de Celeiró.

Cumprindo o desposto no artigo 8.3 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño , polo que se regula a evaluación de incidencia ambiental, sómetese a información pública por período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na secretaría do Concello en horario de 9.00 ás 14.00, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar.

Pedrafita do Cebreiro, 27 de novembro de 2012

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde