Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos da Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 57/2012.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17673

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración (mixto, de subministracións e servizos).

b) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos da Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña).

CPV (referencia de nomenclatura) 09310000-5, 09123000-7, 09134000-7, 34913000-0, 50530000-9.

c) División por lotes: non.

d) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2012/S 123-203226, do 29.6.2012, BOE nº 160, do 5.7.2012, DOG nº 135, do 16.7.2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.440.677,97 €. IVE (18 %): 439.322,03 €, importe total: 2.880.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de novembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 29 de novembro de 2012.

c) Contratista: UTE: Giroa, S.A.U., Altair Ingenieria y Aplicaciones, S.A., Unión Temporal de Empresas (UTE Residencia Maiores Oleiros).

d) Importe de adxudicación: Importe neto: 2.187.823,80 €, IVE (21 %): 459.443,00 €, importe total: 2.647.266,80 €.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar