Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do acordo marco da contratación dunha subministración sucesiva por prezos unitarios mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para esta consellería (área de Traballo), lotes 1 e 2, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada. (Expediente 2012.08.SX.A.).

En cumprimento do artigo 197.2 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos acordos marco que se relacionan a continuación:

Expediente 2012.08.SX.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para a Consellería de Traballo e Benestar (área de Traballo), polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada.

Lote 1: material de oficina.

Lote 2: material impreso.

c) Envío o día 12 de decembro de 2012 ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas e ao Boletín Oficial del Estado o día 13 de decembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 217.295,34 €, lote 2: 145.994,32 €.

5. Adxudicación do acordo marco.

a) Data: 20 de novembro de 2012.

b) Contratista: lote 1: Lyreco España, S.A, lote 2: Sálvora Artes Gráficas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importes de adxudicación do acordo marco: lote 1: 151.409,26 €, lote 2: 113.961,67 €.

6. Formalización do acordo marco: 11 de decembro de 2012.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

P.A. (Artigo 5.3 da Orde 19.8.2009)
Pablo Nimo Ríos
Vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar