Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012112TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de novembro de 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador número 2012112TA-CO incoado a María del Carmen Valcárcel Blanco.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a María del Carmen Valcárcel Blanco o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012112TA-CO.

Interesada: María del Carmen Valcárcel Blanco.

DNI/NIF/CIF: 33854694M.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro 230 bis, 15007 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Sanción imposta: declaración de non existencia de responsabilidade.