Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47511

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 19 de decembro de 2012 pola que se amplía o crédito da Orde do 3 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da comunidade autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (IN519B).

A través da Orde do 3 de abril de 2012 (DOG nº 74, do 12 de abril), convocáronse para o ano 2012 as axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da comunidade autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 3 de abril de 2012, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 2.195.143,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.732A.760.0, e que se prevé a posibilidade de incrementar as ditas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria, o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 08.04.732-A 760.0 «Actuacións para infraestruturas en polígonos industriais» por un importe total de 217.371,73 €.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Consellería de Economía e Industria do 3 de abril de 2012 no referente ao crédito orzamentario destinado, incrementando este en 217.371,73 euros, polo que pasa de 2.195.143,00 euros á cantidade final de 2.412.514,73 euros.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria