Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47509

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 253/2012, do 5 de decembro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4, 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1, alínea d), do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación efectuada pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de Centros Públicos (Confapa) para substituír un representante da súa organización no Consello Escolar de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1

O cesamento de Virgilio Gantes Gómez como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais de alumnos do ensino público proposto, pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de Centros Públicos-Confapa.

Artigo 2

O nomeamento de Helena Gómez Vecino de membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais de alumnos do ensino público, proposta pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de Centros Públicos-Confapa.

Artigo 3

O mandato do novo membro será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria