Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre a implantación de taller mecánico no polígono industrial.

Andrés Orosa Yáñez, con DNI 33856437T, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a implantación dun taller mecánico na parcela 2, 2ª ampliación do polígono industrial (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 29 de novembro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde