Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47492

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller de mantemento de automóbiles.

Antonio Pousa Lage solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de taller de mantemento de automóbiles, sito na avda. de Ourense, nº 168, da vila de Xinzo de Limia. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia, 16 de novembro de 2012

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde