Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento dunha nave para almacén de toldos e accesorios no parque empresarial.

Sométese a información pública o expediente 2011/734, tramitado a instancia de Toldos Ourense, S.L., para a concesión dunha licenza de apertura e funcionamento dunha nave para almacén de toldos e accesorios na parcela 8 do parque empresarial de Mos, Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente está á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que xulguen convenientes.

Mos, 30 de outubro de 2012

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo